Xa hai máis de dous anos dende que comezou un proxecto de investigación que tivo nesta ferramenta unha das súas pezas fundamentais por tres motivos diferenciados: recopilar e conservar materiais da nosa cultura de tradición oral, fomentar e reactivar a interactividade dos axentes colaboradores co imaxinario simbólico da súa contorna e, finalmente, crear un medio a través do cal divulgar todos estes elementos.
O resultado final foi a elaboración dun Traballo Fin de Máster («Persistencia en la tradición cultural del noroeste peninsular: una exploración del imaginario popular hacia el pasado») e a publicación de dous artigos na revista Gallaecia: «Persistencia en la tradición cultural del noroeste peninsular: una exploración del imaginario de la muerte hacia el pasado» (2014) e «El imaginario de la alteridad como fuente de conocimiento arqueológico e histórico. El caso del noroeste peninsular» (2015). A todos estes traballos e tamén a outros relacionados coa nosa labor investigadora podedes acceder de balde a través do seguinte enlace: http://baleiro.academia.edu/AitorFre%C3%A1nCampo
Grazas de novo polo voso interese e colaboración e lembrade que esta páxina continúa e continuará sempre vixente e ó voso servizo.